Set
19
2011

Desaparece Xornal. Os do PP e afíns conseguírono. Dirán que non tiña lectores, que tal e que cual… Datos: no mes de agosto foi o 3º diario en internet en GZ por riba de El Correo Gallego, La Opinión, El Progreso, Diario de Pontevedra, etc. É o xornal electrónico galego que máis medrou (porcentualmente) en lectores nos últimos 6 meses (fonte Alexa.com). Recibe menos subvencións públicas da Xunta que ABC por exemplo. Nos últimos dous anos só desapareceron en GZ xornais que empregaban o galego ou tiñan unha liña editorial crítica coa Xunta do PP: Vieiros, A Peneira, GZ Nación, A Nosa Terra, Xornal… Todo un exemplo! Non queda outra que gozalo con proveito (..!!) como diría o noso Secre Anxo Lorenzo.
Nova en GC
Set
14
2011

Sen comentarios.
Nova en Público
Set
13
2011

Non nos referimos a un remake dun novo deseño das camisolas Caramuxo. Trátase dunha nova apreciación do prestixioso economista G. Magnus. A crise do Capitalismo é un feito. Cada vez son máis as voces (dende Niño Becerra a Roubini) que así o atestiguan. Dende os que falaban da intervención dos Estados na quebra da banca privada (como así foi) ata a recapitalización das mesmas entidades (como está pasando e vai seguir pasando, pronto caerá a BNP francesa) ou dos que opinan que as medidas de austeridade son absolutamente insuficientes e incluso innecesarias. A maquinaria, conclúen, non voltará arrancar sen medidas públicas de estímulo (chámese por exemplo Plan E ou desgravación vivenda), optimización de recursos e moderación dese vello Capitalismo que morre.
Nova en El Economista
Set
04
2011

Ver para crer! Eran tempos nos que Feijoó ía coa súa mangueriña apagar cachelas de San Xohán. Sen comentarios.
Nova en Xornal.com
Set
03
2011

Se neste verán viches todoterreos “a toda hostia” pola praia de Barraña en Boiro non te asustes. Non se trataba dos ensaios para o Torrente 5, non estaban facendo un galician-remix dos Vixiantes da Praia, non era Don Johnson pasado de coca en Corrupción en Miami (aínda que esta última opción é moi creíbel…).
Non! Eran os Vixiantes da Cofradía de Cabo da Cruz (co Patrón Maior “á cabesa”) repartindo Permex e fardando diante das turistas madrileñas. Onde andaría a recomposta Policía Local despois de 4 anos de baixa médica Bipartita…?
Nova en El Correo Gallego
El Fary Apatrullando